CRTVG

Buscar

Uxía non esquecerá a sorpresa que lle deu Protección Civil de Vilagarcía de Arousa polo seu aniversario

Publicado o 25/03/2020 20:32

E así, sen esperar ningunha felicitación máis, Uxía asomábase ao balcón sorprendida polo ruído dunha sirena. Eran membros de Protección Civil, que tiñan unha sorpresa para ela.

Primeiro foron os veciños quen cantaron e tras ver a sorpresa de Protección Civil e con tanta emoción, Uxía mesmo chorou. Dez anos e ten as cousas moi claras.

Foron uns veciños os que avisaron a Protección Civil. Uxía de seguro que nunca esquecerá o seu décimo aniversario e mesmo o agasallo que lle entregou unha das súas amigas.

Noticias web

25/03/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa