CRTVG

Buscar

USO acusa o Goberno de complicidade cos despedimentos de Ryanair

Publicado o 02/09/2019 17:49

Delegados sindicais da central USO manifestáronse en Madrid, no exterior do Ministerio de Traballo. Acusan o Goberno de complicidade coa liña aérea Ryanair, que decidiu pechar varias das súas bases en España, que supón a perda de 500 postos de traballo. O sindicato tamén denuncia que Ryanair está a convocar tripulantes doutros países para realizar o traballo dos que secundan a folga. Consideran que nunca tivero o apoio nin do Ministerio de Fomento nin do de Traballo.

Esta é a segunda das dez xornadas de folga convocada polos tripulantes de cabina de Ryanair polo peche de tres bases desta compañía en España e o despedimento de arredor de 500 tralladores. Estas son imaxes do aeroporto de Barcelona. Durante todo este mes hai convocados paros, ademais de hoxe, todos os venres e domingos. A partir do día 19 tamén se suman os pilotos da liña aérea.

En Galicia veranse afectados os voos entre Madrid e Compostela das 21.15 e Compostela-Madrid das 23.15, que foron cancelados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019