CRTVG

Buscar

Urkullu baralla convocar en xullo as eleccións vascas

Publicado o 24/04/2020 14:46

• O lehendakari convoca os partidos o vindeiro xoves para abordar os comicios

• A crise "demanda contar un Parlamento plenamente constituído canto antes", di

• Cre que deixar as eleccións para outono podería coincidir cun novo brote

O lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, baralla convocar as eleccións autonómicas en Euskadi no vindeiro mes de xullo, logo de que quedaran suspendidos, ao igual que en Galicia, os comicios que se ían celebrar o 5 de abril.

Urkullu compareceu esta mañá a petición propia na Deputación Permanente do Parlamento vasco, para explicar a situación da pandemia de coronavirus en Euskadi.

O presidente vasco revelou ademais que proxecta convocar para o vindeiro xoves, 30 de abril, unha mesa de partidos políticos para avaliar a Declaración de Emerxencia Sanitaria que decretou o pasado 13 de marzo e analizar a posibilidade de convocar as eleccións vascas no prazo de tres meses, antes de agosto.

O lehendakari dixo que a dimensión da crise sanitaria e as súas consecuencias "demanda contar cun Parlamento plenamente constituído canto antes"