CRTVG

Buscar

Urdangarin perde a semiliberdade

Publicado o 23/09/2020 20:12

A Audiencia de Palma anula o réxime de semiliberdade do que desfrutaba Iñaki Urdangarin. O tribunal estimou o recurso da Fiscalía contra o terceiro grao que lle concedera un xulgado de Valladolid.

Os xuíces non detectan unha evolución suficientemente favorable na conduta do cuñado do Rei. A Audiencia tamén deixa a Urdangarin sen o permiso dunha fin de semana ao mes para visitar a súa nai.

Noticias web

23/09/2020