CRTVG

Buscar

Uns nenos coruñeses pídenlles aos veciños que lles reboten o sol

Publicado o 30/03/2020 20:06


Os nenos son quizais os que peor están a levar o non poder saÍr á rúa e que lles dea o aire e sol, sobre todo os que viven en edificios que pola súa orientación apenas lles dá o sol directamente en todo o día. Por iso uns rapaces coruñeses, de 3 e 5 anos, decidiron pedir axuda aos veciños de en fronte para solucionar esta carencia

 "Non dá o sol nunca, entón sempre que aos veciños lles dá o sol directamente cando abren a fiestra entra un raio de sol. Entón cando non había corentena os nenos podían saír á rúa, pero, claro, 15 días sen ver o sol pois dá moita mágoa", di o pai dos rapaces

Por iso coa axuda do seu pai fixeron un cartel para pedirlles aos seus veciños que compartan con eles algo de sol

 "Dicíanme: 'Papá, ti podes poñer algo na fiestra, un cartel, nós colereámolo para dicirlles aos veciños de en fronte se nos poden iluminar coas súas fiestras?' Porque cando un veciño abre a fiestra hai un momento en que incide o sol, entra un raio de luz, e iso chámaslles moito a atención e pedían iso, xa que non poden baixar á rúa, a ver se polo menos pode meterse o sol na casa", sinala o pai dos rapaces.

Os veciños xa están respondendo á petición destes rapaces e algún sae ás fiestras e á terraza para mandarlles un pouco de sol, utilizando un espello. E mesmo se saúdan con monicreques. O seu pai, di que os nenos están a levar o confinamento moi ben, o único que preguntan é que cando vai acabar isto.

Noticias web

30/03/2020