CRTVG

Buscar

Uns dous mil opositores optan esta fin de semana a 50 prazas da Xunta

Publicado o 01/12/2019 09:04

Unhas dúas mil persoas participan esta fin de semana en procesos selectivos poara cubrir 50 prazas de funcionario da Xunta.
O recinto feiral de Silleda foi, como é habitual, o escenario das probas, que na maior parte dos casos requirían titulacións específicas. Este sábado fixéronse os exames para cubrir prazas na escala de diversas enxeñerías, como montes, informática e agrónomos, ademais doutras destinadas a enxeñerías técnicas. Mañá será a quenda para cubrir 24 prazas de subalterno reservadas para persoas con discapacidade física.

Noticias web

01/12/2019