CRTVG

Buscar

Uns 50 mozos aprenden a manexar drons en Gandarío

Publicado o 02/09/2019 16:42

Adolescentes de 13 e 14 anos aprenden robótica e manexo de drons no campamento de verán de Gandarío, en Bergondo, A Coruña. A conselleira de Política Social visitou hoxe as instalacións, onde hai ademais actividades para discapacitados e deportes náuticos.

Arredor de 860 mozos pasaron este verán polos campamentos organizados no albergue xuvenil de Gandarío, que esta mañá visitou a conselleira de Política Social. Tanto ela como a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia destacaron a importancia de Dixitalia, onde 50 adolescentes aprenden a manexar robots, drons e tecnoloxía audiovisual. A actividade forma parte do plan de fomento das vocacións tecnolóxicas.

"Facerlles chegar aos rapaces de xeito lúdico, nunhas instalacións excepcionais, o coñecemento e a inclinación por este tipo de vocacións tecnolóxicas, que tanta falta fan no mundo laboral",  dixo Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

"Estamos practicando os drons terrestres un circuíto sinxelo para mellorar e coller práctica", explicou unha das rapazas participantes.

A conselleira Fabiola García valorou a temporada de campamentos en toda Galicia.

"Máis de 10.000 prazas para mozos e mozas de Galicia que participaron nos distintos campamentos e nos programas de voluntariado. Teño que facer unha valoracion moi exitosa porque a xente sae moi contenta", sinalou a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Resaltou que as instalacións adaptadas para discapacitados permitiron acoller este verán en Gandarío 90 persoas con problemas, e visitou tamén os mozos que realizaban deportes náuticos na praia lindeira co albergue.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019