CRTVG

Buscar

Uns 300 españois e peruanos fretan un avión para regresar a España desde Lima

Publicado o 06/06/2020 11:57

Uns trescentos españois e peruanos residentes en España están de regreso despois de tres meses retidos e confinados no Perú, moitos deles de turismo. Moitos deles non chegaron a ningún dos voos comerciais que operou Iberia do 25 de marzo ao 18 de abril por estaren lonxe da capital, Lima.

Dúas pasaxeiras foron as que optaron por fretar un avión, recollendo os viaxeiros en autobuses en distintas cidades do Perú para agrupalos, mentres que a embaixada española acaba de anunciar outro voo chárter para o 18 de xuño.
 

Noticias web

06/06/2020