CRTVG

Buscar

Uns 150 axentes antidisturbios galegos partirán de novo cara a Barcelona

Publicado o 05/11/2019 15:16

O obxectivo é evitar que se repitan os disturbios, e que tanto a xornada de reflexión como as votacións transcorran con normalidade. Calcúlase que Interior traslada a Cataluña 2.000 gardas civís e 2.500 policías nacionais. Parte deses reforzos procede de Galicia.

Miguel Ángel González, secretario xeral da Unión Federal de Policía Galicia: "Esperemos que o ministro do Interior e o Goberno tomen en serio a situación dos policías".

Reivindicación da Unión Federal de Policía. Reclaman que os axentes dispoñan de material de protección adecuado, e que se contemplen remudas no traballo para evitar xornadas de ata 20 horas.

Miguel Ángel González, secretario xeral da Unión Federal de Policía Galicia: "E teñen que ter previsto unha situación que se se desborda, polo menos ter material. E se hai material, como o camión cisterna hai que empregalo, non hai que telo para amosar nos desfiles".

Denuncian que hai que pedir demasiadas autorizacións para que a policía poida utilizar o material que ten.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019