CRTVG

Buscar

Uns 120 transportistas das Pontes maniféstanse hoxe ante o Congreso

Publicado o 16/10/2019 08:43

Inician a marcha cara a Madrid. Por diante preto de 600 quilómetros ata chegar á capital de España onde os transportistas do carbón queren levar a súa protesta logo de case seis meses sen actividade na central térmica de Endesa.

Son o anticipo da marcha á que se sumará este mércores o resto de colectivos afectados e veciños. Todos xuntos viaxarán en buses a Madrid para concentrarse ás catro da tarde diante do Congreso e reclamar unha transición ecolóxica xusta para a central das Pontes.

A partir da medianoite a vila das Pontes inicia unha xornada de folga xeral que tamén afectará o porto exterior de Ferrol.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019