CRTVG

Buscar

Uns 1.700 migrantes solicitan asilo en México desde a fronteira cos Estados Unidos de América

Publicado o 10/02/2019 10:13

Uns 1.700 migrantes buscan regularizar a súa estancia en México cun pase por razóns humanitarias desde o municipio de Pedras Negras, na fronteira cos Estados Unidos, como paso previo a pisar terra estadounidense. A maioría deles forma parte da caravana que entrou no país mexicano a mediados de xaneiro, sen solicitar asilo.

Ante a  posibilidade dun intento de cruzar ilegalmente, polas baixas temperaturas e as condicións precarias nas que se atopan os migrantes, as autoridades mexicanas reforzaron a zona cun forte operativo de seguridade que tamén existe ao outro lado da fronteira. Por estes motivos, os migrantes queren regularizar a súa situación en México, polo menos cunha tarxeta de visitante que lles permita vivir e traballar no país latinoamericano. 



 

Noticias web

10/02/2019