CRTVG

Buscar

Universitarias amosan os seus peitos en festas a cambio de alcol

Publicado o 13/10/2019 15:15

Escándalo en Portugal ao descubrirse que na Universidade de Coímbra se están a facer festas en que se lles regala alcol ás mozas que ensinen os peitos. As críticas choven por todos os lados, pero o curioso é que a comunidade universitaria está dividida.

Quizais iso sexa o que chama máis a atención, xa que, normalmente, nos ambientes universitarios os actos machistas son menos tolerados, pero aquí en Coímbra non todos pensan igual. Na última festa destas características mesmo se repartiu un cartel explicándoo todo abertamente. A cambio dun grolo gratis as mozas deberían escoller alguén para que lles tocase o cu, por tres chupitos bicarse cunha amiga e así ata os cinco chupitos gratis por ensinar os peitos.

A Sección de Dereitos Humanos da Universidade de Coímbra denunciou esta festa formalmente ante o escándalo dos medios de comunicación portugueses. Mentres os alumnos organizadores e participantes destas festas din que ningunha moza se viu nunca coaccionada a facelo e que non é machista. Pero desde as organizacións feministas da Universidade precisamente explican que iso non o fai menos machista, xa que nestas festas estase colocando o home en situación de privilexio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019