Delgado anuncia unha unificación no tratamento dos casos de ocupación
Publicado o 08/09/2020 08:01
A Fiscalía Xeral ditará nos vinderios días unha instrucción que aborde o tratamento das ocupacións por parte dos fiscais. Anunciouno Dolores Delgado no seu discurso na apertura do ano xudicial.
É un fenómeno delitivo á alza que preocupa os cidadáns, afirmou. Todo, dixo, na defensa dos dereitos fundamentais.
A Memoria da Fiscalía di que no 2019 houbo un descenso de supostos de ocupación de vivendas, pero só fai referencia aos procesos penais. O dato do Sistema Estatístico de Criminalidade do Ministerio do Interior contabiliza máis de 14.600 inmobles ocupados o ano pasado, uns 2.000 máis que en 2018.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52