CRTVG

Buscar

Unidas Podemos insiste en que a sanidade pública debe financiarse con impostos

Publicado o 21/05/2019 17:14

Dende Unidas Podemos insisten en que o sistema público de sanidade debe financiarse a través dos impostos. 

Irene Montero, Unidas Podemos "Que non veña un supermillonario decidir se na sanidade hai boas máquinas ou non para curar o cancro, boas ou malas incubadoras para cando unha crianza nace prematura. Quero que sexa unha decisión democrática e que non dependa dos designios ou dos caprichos dun multimillonario".

Pola contra, a Asociación Española contra o Cancro considera positiva toda colaboración cidadá para facer fronte a unha enfermidade que cada ano provoca a morte dunhas cen mil persoas en todo o país. 

Josefa Crespo, AECC: "Dende a asociación estamos de acordo coas doazóns de particulares, empresas ou fundacións cando é para beneficio da cidadanía. O cancro cústalle ás arcas do Estado 7.000 millóns de euros, un 11% dos presupostos".

E engaden que esas doazóns teñen que facerse coa maior transparencia.

Noticias web

21/05/2019