CRTVG

Buscar

Sen máscara, unicamente durante o baño e ao tomar o sol na praia

Publicado o 19/07/2020 16:13

Primeira xornada de praia desde que ás doce da noite se ampliou o uso das máscaras mesmo para pasear á beira do mar ou entrar e saír dos areais.

En Samil, aínda que o día non acompañou, moitos puxeron o pé na area como manda a nova norma.

Traballadores do concello de Vigo, a pé ou en bici, colaboran para que sen excepcións non se entre no areal sen máscara. Cóntannos, fóra de cámara, que a maioría da xente hoxe está cumprindo.

Así que, agora, nos areais só se pode quitar a máscara e descubrir a cara durante o baño e para tomar o sol mentres se gardan os dous metros de distancia co seguinte bañista.

Noticias web

19/07/2020