CRTVG

Buscar

Unhas treboadas de verán provocan graves inundacións en Madrid e Castela-A Mancha

Publicado o 10/07/2020 13:57

Unha gran treboada de verán anegou por completo algunhas localidades de Madrid e de Castela-A Mancha.

A chuvia torrencial inundou por completo as rúas da localidade madrileña de Fuenlabrada. A pesar da gran cantidade de auga que caeu, non se informou de danos persoais.

Os servizos de emerxencias rexistraron máis de 250 incidencias en tres horas e media na zona sur de Madrid.

Mentres, na localidade de Socuéllanos, en Cidade Real, una forte treboada de auga e sarabia provocou a inundación de varias rúas e arrasou algunhas zonas de cultivo.

Noticias web

10/07/2020