CRTVG

Buscar

Unhas ducias de simpatizantes do ditador citáronse no Val e no Pardo

Publicado o 24/10/2019 15:01

Con puntualidade británica chegaban os familiares de Franco á basílica do Val dos Caídos. De rigoroso loito vestían netos, cónxuxes e bisnetos, 22 en total. Malia a prohibición do Goberno do uso de símbolos, Francis Franco accedía ao templo cunha bandeira preconstitucional pregada na man esquerda. Sobria e tamén de negro, a ministra de Xustiza, que exercía como notaria maior do Reino.

Ás portas do Val dos Caídos, persoas do Movemento por España portaban pancartas contra o presidente do Goberno en funcións. Curiosos e a favor da exhumación chegaban de diversas partes de España e incluso doutros países.

Ao mesmo tempo, no cemiterio de Mingorrubio, no Pardo, arredor dun centenar de persoas protestaban.

A outra das imaxes do día foron os centos de xornalistas chegados de máis de 50 medios internacionais congregados nos puntos de información do día, que se converteron en pequenas redaccións e estudios de televisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019