CRTVG

Buscar

Unhas 200 persoas entoan o "Nunca Máis" en Ares

Publicado o 29/11/2019 21:51
Unhas 200 persoas entoan o "Nunca Máis" en Ares

Unhas 200 persoas secundaron este venres en Ares (A Coruña) a convocatoria formulada pola plataforma 'Nunca Máis' para esixir "información pública, transparente e detallada" sobre a xestión de accidente do 'Blue Star', encallado na costa deste municipio desde hai unha semana e do que aínda non se extraeu o combustible.

Na protesta que arrincou ás 20,00 horas na praza situada ante o antigo Consistorio deste municipio coruñés, o biólogo Joan Luís Ferreiro foi o encargado de dar lectura a un manifesto a través do que os presentes reclamaron "diálogo permanente coas entidades do sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectadas". Ademais, esixiron que as decisións relativas "á protección do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira" sexan "públicas" e que non estean "vinculadas aos intereses privados de empresas de salvamento, de cásaa armadora, nin das aseguradoras". Por iso, subliñaron que "a xestión do 'Blue Star' non pode ser un negocio"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí