CRTVG

Buscar

Unha web que suplanta unha da Xunta cobra 29 euros por un servizo que é completamente gratuíto

Publicado o 10/10/2019 16:44

É fácil caer na trampa. As dúas webs tramitan permisos de queima e as dúas parecen oficiais. Pero na da dereita cobraranlles 29 euros por facer a xestión. Mentres que na da esquerda, a oficial da Xunta, o servizo é completamente gratuíto.

A páxina que cobra o servizo nin é máis rápida nin simplifica os procedementos. Trátase dunha posible fraude contra a que a Xunta estuda accións legais. A Unión de Consumidores xa informou a policía e denuncia a falta de escrúpulos dos que negocian co lume.

Para evitar abusos, lembren que existen dúas vías oficiais para solicitar os permisos. De balde en Internet, en queimasweb.xunta.gal, ou no teléfono 012 pagando o custo da chamada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019