CRTVG

Buscar

Unha viaxe no tempo desde o pazo de Trasalba

Publicado o 01/12/2019 09:03

Don Ramón Otero Pedrayo volve á súa casa grande de Trasalba que tanto significou para el, tanto a nivel persoal como intelectual. E el mesmo vai ser quen guíe os visitantes pola súa historia.

Aquí visitábano Vicente Risco, Losada Diéguez ou Castelao, falaban de literatura e política, e con con eles puxo e marcha a Revista Nós. E os visitantes descobren toda unha época.

O vindeiro ano faranse 100 anos da publicación desa primeira Revista Nós, un fito histórico, e a Fundación Otero Pedrayo quere aproveitar estas visitas teatralizadas dar a coñecer o home considerado o patriarca das letras galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019