CRTVG

Buscar

Unha verza xigante en Oia: mide 3,20 metros de altura

Publicado o 20/03/2019 21:48

Non se sabe se son os aires do concello de Oia ou o cariño que lle dá Manuel, pero este agricultor ten na súa horta unha verza de máis de tres metros de altura. É tan grande que para recoller as súas follas ten que subir a unha escaleira. Por certo, esta col creceu cinco centímetros máis en moi poucos días. A día de hoxe, mide tres metros con vinte centímetros.

Nesta horta de Manuel, máis coñecido como Portela, destaca unha verza por encima de todas. Esta col mide 3, 20 metros de altura. A base da súa alimentación é completamente natural.

Tanto creceu que foi preciso amarrala a varios paus para evitar que o vento a tirase. Manuel recoñece que xa lle colleu cariño a pesar de non poder apañar as súas follas porque xa non lles chega.


 

Noticias web

20/03/2019