CRTVG

Buscar

Unha veciña de Vilaboa denuncia o Concello por plantarlle árbores na súa leira sen permiso

Publicado o 04/04/2019 14:27

Cando Rocío chegou á parcela que posúe nas Salinas de Ulló non podía crer o que vía. No verán decidiu cortar os eucaliptos que tiña nesta leira para mantela limpa e agora atopouse coa sopresa de que alguén plantara freixos e castiñeiros sen o seu consentimento.

A orixe do problema está nun plan municipal de reforestación para recuperar o espazo natural onde se atopa esta parcela. Segundo o edil de Medio Ambiente, o Concello facilitou a plantación de balde de especies autóctonas aos propietarios destes terreos. Rocío aplaude a medida, pero asegura que non foi informada e que non puido manifestar o seu rexeitamento á plantación.

Rocío presentou denuncia ante a Garda Civil e esixe que o Concello deixe o terreo como estaba. Segundo o edil de Medio Ambiente, que esta tarde se reunirá coa afectada, todo se debe a un erro de comunicación que están dispostos a arranxar.

Noticias web

04/04/2019