CRTVG

Buscar

Unha vaga de frío deixa temperaturas de ata -48 graos nos EUA

Publicado o 29/01/2019 21:45

En distintas partes do mundo sucédense as vagas de frío. O centro e o medio leste dos Estados Unidos están en alerta por forte vento e nevaradas. E os prognósticos apuntan a temperaturas extremadamente baixas, que en lugares como Illinois pode chegar ata os 48 graos baixo cero.

Nalgúns puntos do país irá máis frío ca na Antártida. O vento xeado desta tormenta xa afecta desde hoxe e ata o xoves o setenta e cinco por cento do país, pero especialmente puntos do norte, como a cidade de Chicago ou o estado de Mineapolis, onde as temperaturas poden chegar aos cincuenta graos baixo cero. Desde hoxe xa son centos os colexios pechados nestas zonas, tamén empezaron as cancelacións de voos.

Aquí en Nova York os efectos do vórtice polar notaranse a partir de mañá onde o termómetro baixará aos vinte graos baixo cero. As autoridades, por suposto, habilitaron refuxios para as persoas sen fogar e advirten que a pel directamente exposta podería conxelarse en só dez minutos. Desde a Casa Branca, o presidente Trump utilizou os efectos desta tormenta para mofarse do quecemento global.

Noticias web

29/01/2019