CRTVG

Buscar

Galicia tínguese de azul polo Día do Neno

Publicado o 21/11/2019 10:58

Ata unha vintena de Cidades Amigas da Infancia pretenden visibilizar os logros e os desafíos aos que se enfronta a infancia. Estamos a 20 de novembro, declarado por Unicef Día Universal do Neno. Fixo, ademais, 30 anos da Convención dos Dereitos do Neno, posiblemente o tratado internacional máis referendado. Para celebralo, numerosos monumentos de Galicia ilumínanse de azul. Entre eles, a Torre de Hércules. 

Fai hoxe 30 anos da Convención sobre os Dereitos dos Nenos, un tratado que ratificaron todos os países do mundo agás os Estados Unidos. Desde entón producíronse avances históricos que, porén, non dan chegado aos nenos máis pobres.

Segundo Unicef, ademais dos desafios en materia de saúde, nutrición ou educación, os nenos e nenas de hoxe en dia enfróntanse a novas ameazas como o abuso on line, o ciberacoso ou o cambio climático.

Conseguir que os dereitos recollidos na Convención sexan unha realidade é o obxectivo do Día Universal do Neno. Iniciativas coma esta axudan a facelos visibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019