CRTVG

Buscar

Unha superavoa viticultora nas rúas de Verín

Publicado o 19/11/2020 22:02

Esta traballadora incansable naceu en Oímbra aló pola vendima do 1932, así que como non ía ser viticultora. Conta que viviu do campo toda a vida. Agora ten fillos, netos e bisnetos, e todo un agasallo presidindo as rúas de Verín.

O artista Joseba Muruzábal utiliza como lenzo esta parede de dezaseis metros de alto para convertela en toda unha superavoa.

Isabel representa a forza de moitas mulleres, e, ao seu xeito, ela tamén soubo ser pioneira hai xa moitos anos.

A idea partiu da asociación Monteval, enmarcada nos actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o vindeiro día 25. Conta a súa familia que Isabel anda algo asombrada con tanta atención nos últimos días, pero con moita ilusión.

Joseba anda cos últimos retoques desta nova superavoa. Hai xa dezaseis mulleres co seu mandil dando toda unha lección de traballo e perseverancia dende as paredes de boa parte de Galicia.

Noticias web

19/11/2020