CRTVG

Buscar

Unha rede de trampas para mosquitos garante que non hai especies perigosas en Galicia

Publicado o 08/07/2020 14:16

Son centos de miles, quizais ata millóns de especies. Algunhas delas, como os aedes, tamén coñecidos como mosquito tigre, son potenciais trasmisores de enfermidades.

Algunhas desas especies xa chegaron a zonas da cordillera Cantábrica. Pero non aínda Galicia. E sabémolo por unha rede de trampas distribuídas por todo o territorio.

Xosé Manuel Pereira é un dos investigadores encargados de supervisar e analizar as mostras dos mosquitos.

E a cada achado vai asociando a datos de humidade e temperatura, de tal xeito que poden establecer tamén un método preditivo.

Carlos Otero, profesor de Zooloxía da USC e entomólogo, explica que esta rede permititía establecer un procololo para deter a expansión das especies potencialmente perigosas, se algún día entrasen en Galicia.

Cadeas montañosas como as dos Ancares, O Courel ou Queixa impiden a entrada de xeito natural, polo que a vixilancia é máis intensa en zonas como o val do Eo ou A Limia.

Noticias web

08/07/2020