CRTVG

Buscar

Unha persoa tivo que ser atendida tras un incendio nunha vivenda de Moaña

Publicado o 01/05/2020 14:24

Así quedou esta vivenda de Moaña, en Abelendo. Os veciños alertaron o 112 de que saían lapas do terceiro e último andar contra as dez da noite. Os cinco integrantes da familia lograron fuxir, aínda que un deles tivo que ser atendido en Povisa por queimaduras nas mans. Os outros catro pasaron a noite noutra vivenda.
Cando chegaron os bombeiros, un vehículo de primeira saída e un nodriza atacaron o lume tanto desde o exterior como do interior da vivenda. Resultaron gravemente afectados a cuberta e o faiado. A extinción foi laboriosa por mor das estruturas de madeira do inmoble.

tot Carlos Montero. Cabo de garda Bombeiros O Morrazo

Os labores de extinción prolongáronse dúas horas e media.
 

Noticias web

01/05/2020