CRTVG

Buscar

Un morto e tres feridos nun accidente de tráfico na AG-55 á altura de Paiosaco

Publicado o 27/05/2019 17:32
Un morto e tres feridos nun accidente de tráfico na AG-55 á altura de Paiosaco

O accidente rexistrouse contra as sete da mañá, no quilómetro 18 da autoestrada que une Carballo coa Coruña, á altura de Paiosaco, no concello da Laracha.
Un vehículo saíu da vía e o condutor doutro coche baixou, sen chaleco, para socorrelo. Nese momento foi atropelado por un terceiro.

María Jesús Vilariño Díaz. sarxento xefe dos bombeiros de Carballo: "Non o viron e atropelárono. O coche que o atropelou, levouno varios metros e morreu no acto".

No momento do sinistro a visibilidade era reducida e outros dous automóbiles bateron por alcance cos anteriores. Amáis do falecido, resultaron feridas outras3persoas, unha delas menor de idade que foron trasladadas en ambulancia a dous hospitais da Coruña.

María Jesús Vilariño Díaz. sarxento xefe dos bombeiros de Carballo: "Había moita néboa e impactaron. NOn viron nin sequera ao que foi socorrer

Ao lugar desprazoude a Garda Civil para regular o tráfico. Tamén mobilizaron persoal do servizo de mantemento da autoestrada para a limpeza da vía polos danos rexistrados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí