CRTVG

Buscar

Unha persoa falece na Cañiza nun accidente entre dous vehículos

Publicado o 05/11/2020 17:13

Un home morreu esta tarde nun accidente ocorrido no concello pontevedrés da Cañiza. O 112 informa de que o falecemento se produciu ao bater un coche contra un vehículo que se pode conducir sen necesidade de ter carné. 

O sinistro produciuse na estrada PO-406 que vai da Cañiza a Cortegada. Foi contra as catro da tarde. Ata o lugar do accidente desprazouse un helicóptero do 061, pero cando chegou o condutor xa falecera. Segundo as primeiras informacións, a vítima, que quedou atrapada dentro do interior do vehículo, é a persoa que conducía o coche sen carné.