CRTVG

Buscar

Unha peregrinación arrierira fai parada na Cañiza

Publicado o 07/08/2019 20:27

A Cañiza recibiu unha visita duns peregrinos moi especiais. Uns cento cincuenta camiñantes que están facendo a Vía Mariana desde Portugal, chegados de todos os puntos de España, nunha caravana arrieira que saíu o domingo desde Braga. Ao seu paso pola Franqueira puidemos ver algún dos carros adicado a Galicia.

Unha ruta que ten o seu final en Muxía pero como esta peregrinaxe arrieira, tirada por cabalos e mulas, vai lenta, chegarán a Cuntis na última etapa. Iso si, cunha obrigada parada en Santiago para visitar o Apóstolo a vindeira semana. Unha cita que leva máis dunha década e que busca darlle pulo a esta Vía Mariana como ruta de peregrinación luso-galaica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019