CRTVG

Buscar

Unha parella ocupa ilegamente unha vivenda no barrio santiagués de Conxo

Publicado o 13/11/2020 13:31

Os que deron a voz de alarma foron os veciños da rua Torrente, no barrio compostelán de Conxo. Aseguran que unha parella de okupas levaba tempo vixiando a zona e as vivendas deshabitadas ata que elexiron o seu obxectivo: unha casa en que se instalaron o xoves pola noite.

Accederon por unha fiestra, sen forzar a porta. A propietaria reside en Ribeira por motivos familiares e xa presentou a correspondente denuncia. Onte achegouse unha patrulla da Policía Nacional para identificar os inquilinos ilegais, pero xa non puideron botalos. Din os veciños que coñecen e usan os resquicios legais que lles permiten evitar o desaloxo inmediato.

A maioria dos veciños recean de falar diante das cámaras pero todos expresaron o seu temor a que este feito illado provoque un efecto chamada. Din que no barrio hai máis vivendas deshabitadas e séntense desprotexidos ante este fenómeno.

En Conxo están dispostos a mobilizarse para evitar que o fenómeno da ocupación se estenda no barrio.

Noticias web

13/11/2020