CRTVG

Buscar

Unha pantonesa recolle as verbas que falan os avós

Publicado o 04/10/2020 14:31
Unha pantonesa recolle as verbas que falan os avós

Chámase Lucía e é de Toldaos, unha parroquia de Pantón. Estudou tradución e sempre lle gustou a lingua, polo que pouco a pouco foi recollendo as palabras que escoitaba falar aos seus avós e que, de quitado na casa, non as volvía oír. Por iso quixo recollelas, para que non se perdan.

O queixelo, por exemplo, é o paparigote. Hai máis.

Lucía centrouse no concello de Ferreira de Pntón, pero no seu labor conta coa axuda de Manuel, un compañeiro que tamén lle achega verbas da zona de Sober.

Xe levan xunto dous centos de palabras. Queren que o número aumente e así poder facer un glosario de verbas da zona para que non se esquezan.

Noticias web

04/10/2020