CRTVG

Buscar

Unha paciente da Rioxa foxe do centro de saúde para tomar un café

Publicado o 11/05/2020 15:28

"Necesitaba saír tomar un café", así xustificou esta muller supostamente contaxiada de coronavirus a súa fuga do centro de saúde de Calahorra.

Marchou sen comunicalo previamente nin recibir autorización, polo que o persoal emitiu unha alerta sanitaria diante do risco de que propagase o virus.

A Garda Civil localizouna pouco despois descansando nun banco público da localidade rioxana e procedeu a acordoar a zona para evitar que entrase en contacto con outras persoas. Avisados os servizos sanitarios, a muller foi trasladada nunha ambulancia ao hospital local para continuar co tratamento.

Os axentes alertaron tamén os servizos municipais para que desinfecten a zona onde foi localizada a muller e o local onde adquiriu o café.

Noticias web

11/05/2020