CRTVG

Buscar

Unha operación contra o tráfico de drogas en Pontevedra deixa, polo momento, catro detidos

Publicado o 01/10/2019 21:39

Axentes armados formaron unha barreira diante da pizzería dunha rúa comercial de Vilagarcía de Arousa para sorpresa dos veciños e dos viandantes. Durante unhas dúas horas rexistraron, sen resultados, o restaurante na compaña dun dos empregados, que é unha das catro persoas detidas nesta operación. O establecemento reabriu as súas portas con normalidade e a empresa, con negocios en toda Galicia, quere manterse á marxe das actividades presuntamente ilícitas do traballador.

Segundo transcendeu, a operación está relacionada co tráfico de cocaína. O propietario da pizzería enterouse polas cámaras de seguridade do local cando os axentes xa estaban no interior.

Amais deste arresto, a Garda Civil detivo outras tres persoas en Poio, Vilanova e Cangas, que pasarán a disposición xudicial nas próximas horas no xulgado cangués onde se instrúe o caso.



 

Noticias web

01/10/2019