CRTVG

Buscar

Unha octoxenaria do Carballiño sorprende os ladróns que lle estaban roubando na casa

Publicado o 11/06/2019 12:37

Unha octoxenaria do Carballiño sorprendeu no interior da súa casa dous ladróns que acababan de desvalixar a vivenda.

A Garda Civil anda á procura dos autores deste roubo. Deixaron todo revolto e lograron apoderarse de xoias e cartos en metálico. Non tiveron tempo a levar máis porque os donos chegaron antes do previsto. A muller atopouse cun deles de fronte, arrincoulle o reloxo que levaba posto e despois fuxiu.

Noticias web

11/06/2019