CRTVG

Buscar

Unha nena perde un dedo nun xogo dun parque de Sada

Publicado o 26/10/2019 20:57

Unha nena de tres anos sufriu a amputación parcial dun dedo que lle quedou atrapado nun dos xogos do novo parque infantil de Sada, situado fronte ao concello. O accidente sucedeu nunha palataforma xiratoria que os bombeiros tiveron que desmontar cunha radial con extremado coidado, para tratar de recuperar a parte seccionada sen danala e facer viable a súa reimplantación. Os profesionais de urxencias sanitarias atenderon a cativa no parque e despois trasladárona a un centro hospitalario. A policía local de Sada precintou o xogo no que se produciu o incidente.

Noticias web

26/10/2019