CRTVG

Buscar

Ascende a 63 o número inmigrantes falecidos cando tentaban chegar ás Canarias

Publicado o 05/12/2019 19:57

63 inmigrantes morreron ao naufragar en Mauritania a embarcación coa que intentaban chegar ás Canarias Hai decenas de desaparecidos. Na embarcación ían 175 persoas, incluídas 13 mulleres e unha nena. Segundo contou un dos sobreviventes, saíron de Gambia o 27 de novembro, unha das rutas máis longas. A tripulación perdeuse, a comida acabouse e tamén o combustible. Decidiron navegar ás costas de Mauritania para abastecerse pero as ondas envorcaron a embarcación e os ocupantes caeron á auga. Os que sabían nadar salváronse.

Noticias web

05/12/2019