CRTVG

Buscar

Unha nena asturiana permanece en coma polo presunto maltrato da nai

Publicado o 25/02/2020 15:15

A nena, de ano e medio, ingresou onte no Hospital Universitario central de Asturias con feridas graves e en estado de coma. A familia residía nun piso do centro de Mieres, desde onde chamaron ao servizo de emerxencias aducindo que a menor estaba indisposta. Cando chegaron ao domicilio, descubriron que tiña marcas nas axilas e lesións cerebrais, polo que activaron o protocolo de malos tratos e avisaron a policía.

Os axentes detiveron a nai, de 21 anos, a súa parella e unha tía da cativa. A maxisrada que instrúe o caso ordenou prisión preventiva para a nai e deixou en liberdade as outras dúas persoas detidas.

Noticias web

25/02/2020

Máis sobre actualidade