CRTVG

Buscar

A nova nécora de Samil rivaliza co dinosebe da Porta do Sol

Publicado o 01/09/2020 21:07

Se en pouco tempo o dinosebe xa se converteu nun dos puntos máis fotografados do centro de Vigo, do reino animal acaba de chegarlle a competencia. En forma de nécora e esculpida en pedra. Cumpriron oito toneladas de granito para que un exalumno de Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, coa axuda dun aprendiz de cuarto curso, modelara este marco para fotos, coa praia de Samil e as illas Cíes de fondo, que a institución provincial doou ao concello de Vigo. De feito, a intención do Goberno local é valerse deste novo reclamo para promocionar a candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade da UNESCO mediante o uso de cancelos. 

A posición do sol desta hora deixa a contraluz a mellor vista que se pode encadrar neste marco, como ben saben os habituais de Samil.

Poucas horas despois da súa inauguración, o conxunto escultórico de dous metros de alto por catro de ancho xa cumpre a súa función: lucir nas redes sociais.

É cedo para saber se a nécora chegará sequera a rivalizar en popularidade co dinosebe da Porta do Sol; o que está claro é que está ben posicionada.

Noticias web

01/09/2020