CRTVG

Buscar

Unha muller sorprende tres homes que entraran a roubarlle na súa casa

Publicado o 12/12/2019 13:24
Unha muller sorprende tres homes que entraran a roubarlle na súa casa

Unha veciña de Carmoega, no concello de Agolada, levou un bo susto ao atopar tres ladróns dentro da súa vivenda. A muller decatouse da presenza de tres homes ao tentar saír do cuarto pensando que chegara seu fillo. Foi entón cando viu como alguén lle bloqueaba a porta, ao tempo que lles facía sinais a outras duas persoas para que fuxisen.

No forcexo a muller levou varios golpes co pomo da porta no abdome e tamén nunha perna. A Garda Civi investiga as pegadas que puideran deixar durante o asalto para dar cos autores.

Noticias web

12/12/2019