CRTVG

Buscar

Unha muller quedou ferida nun accidente aparatoso en Pontevedra

Publicado o 11/01/2020 21:15

Un coche botouse da vía na N-541, na parroquia de Mourente, en Pontevedra e envorcou. A condutora quedou ferida.
A muller perdeu o control do vehículo nunha recta e foi bater contra outro, que estaba estacionado. Ademais, danou outros dous coches que estaban a carón da estrada.
O accidente obstaculizou o tráfico en dirección a Ourense. A Garda Civil investiga as causas do accidente.

Noticias web

11/01/2020