CRTVG

Buscar

Unha muller queda en estado grave tras ser acoitelada pola súa parella en Zaragoza

Publicado o 04/11/2019 15:13


A vítima deste novo caso de violencia machista, de 25 anos, está estable dentro da gravidade e a súa vida non corre perigo. Permanece na Unidade de Coidados Intensivos dun hospital de Zaragoza, onde ingresou despois de ser agredida pola súa parella.

Pouco antes da medianoite, os veciños alertaron as forzas de seguridade de que escoitaban berros e ameazas nunha das vivendas.

Cando chegaron, os axentes atoparon a vítima, que recibira varias coiteladas. Os servizos de urxencias sanitarias atenderon a muller.

Mentres, a policía saíu na busca do autor das coiteladas. Aos poucos minutos, atoparon o agresor, un militar de 26 anos, subido a un guindastre. O home tirouse ao baleiro e morreu no acto. A muller nunca presentara denuncias contra el por violencia machista.
 

Noticias web

04/11/2019