CRTVG

Buscar

Unha muller morta e dúas persoas feridas en Málaga nunha explosión por un escape de gas

Publicado o 10/06/2020 13:25

Unha muller morta e dúas persoas feridas por unha explosión de gas nunha vivenda da localidade malagueña de Torre del Mar.

A explosión obrigou a desaloxar todos os veciños do edificio e causou danos en varios coches aparcados na rúa.A explosión ocorreu pasadas as 7 da mañá no segundo piso deste edificio da localidade malagueña de Torre del Mar.

Na vivenda residía un matrimonio de idade avanzada, a muller morreu e o home quedou ferido de prognóstico reservado. A outra ferida é unha moza de 26 anos, que sofre lesións leves.

Segundo os primeiros informes, a orixe da explosión foi un escape de gas e tiña tanta potencia que derrubou os tabiques exteriores do piso sinistrado.

"Horroroso. Eu digo, de verdade, ao que o pillase cerca quedou xordo. Era un horror".

"O piso quedou como si estivese en construción. Despois saio ao salón e nada máis que vexo po, nin televisión, nin mobles, nada".

Parte dos cascallos caeron sobre varios vehículos estacionados fronte ao edificio, que foi completamente desaloxado.

Os bombeiros tratan agora de determinar se os danos afectan a estrutura do inmoble.

Noticias web

10/06/2020