CRTVG

Buscar

Unha muller foi rescatada na praia do Orzán cando estaba afogando

Publicado o 25/01/2021 23:37
Unha muller foi rescatada na praia do Orzán cando estaba afogando

Na praia do Orzán, na Coruña, unha muller foi rescatada do mar.

Un voluntario de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella que pasaba pola zona foi quen viu o corpo da muller aboiando boca abaixo na auga preto das rochas, a altura da fonte dos surfistas.

Tras practicarlle manobras de reanimación, a muller, de 61 anos, foi trasladada ao hospital onde se recupera.
 

Noticias web

25/01/2021