CRTVG

Buscar

Unha muller ferida tras bater co coche contra dúas vacas

Publicado o 23/09/2018 18:59

Foi pasadas as nove da noite na estrada OU-209, que une Celanova con Quintela de Leirado. A condutora non viu as vacas, que estaban a cruzar a estrada guiadas polo propietario do gando, e chocou violentamente contra dúas delas. A muller quedou atrapada no turismo, que acabou en moi mal estado, e tivo que ser trasladada a un centro sanitario. No coche ía tamén o seu fillo que resultou ileso ao viaxar co sistema de retención infantil. Unha das vacas morreu ao instante e a outra quedou ferida no valado. Tráfico investiga as causas do accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2018