CRTVG

Buscar

Unha muller de 93 anos, sexta falecida vencellada á residencia do Incio

Publicado o 31/08/2020 09:00

A última falecida pola covid-19 en Galicia é a sexta usuaria desta residencia do Incio que morre por mor do gromo descuberto o 20 de agosto. Os casos no centro da fundación San Rosendo non deixan de medrar. Agora son 89 os maiores e 27 os traballadores contaxiados.

Na DomusVi de Outeiro de Rei detectaron esta fin de semana 18 anciáns coa doenza, e máis cinco traballadores. Foi a suba máis importante das últimas horas.

Pero séguea moi de preto a residencia Orpea de Culleredo, onde o virus entrou hai quince días. Dende aquela morreron dous usuarios. Este domingo os casos novos entre os anciáns foron 16, dos que informou a Consellería de Política Social. O balance aquí é de 29 residentes e catro traballadores contaxiados.

Na DomusVi de Lalín hai, polo de agora, dous maiores e catro empregados coa covid-19.

Así, os datos totais de Galicia subiron visiblemente do sábado para o domingo. A esta altura hai 139 casos activos entre os usuarios das residencias e 49 entre os traballadores. 

Noticias web

31/08/2020