A muller que caeu ao río Barbaña, en Ourense, está en morte cerebral
O suceso xerou grande expectación poucos minutos despois das tres da tarde na ponte de Ervelelo cando a muller caeu ao leito do río no paseo do Barbaña, na cidade de Ourense. Foi un home que andaba pola zona a que deu a voz de alarma para socorrer á muller de avanzada idade que acababa de caer desde unha altura de máis de catro metros. De seguida chegou a ambulancia do 061 pero para rescatala cumpriu a intervención dos bombeiros.
A muller recibíu un forte golpe contra as pedras do río e foi trasladada en embulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. Ía consiciente, pero non era quen de falar.
A Policía Nacional está investigar como ocorreu o suceso pero segundo as testemuñas todo apunta a que a muller esvarou cando estaba alimentando uns gatos da rúa, e caeu desde as gateiras instaladas nesa beira do río.