CRTVG

Buscar

Unha moza guineana con discapacidade visual licénciase en Dereito na Universidade de Vigo

Publicado o 07/04/2019 13:37

Coñecemos agora unha historia de superación e de loita contra as dificultades que implica ter unha discapacidade visual. Felisa Alogo é unha moza que emigrou de pequena da Guinea Ecuatorial en busca dunha vida mellor. Aferrouse ao exemplo da súa nai e apostou por formarse, e conseguiu, non sen atracos, licenciarse en Dereito pola Universidade de Vigo en Ourense, onde vive. 

Feli ten discapacidade visual dende pequena, é a menor de de 10 irmáns, emigrou da Guinea Ecuatorial sendo nena e chegou a Ourense con 19 anos, hoxe ten 28 e é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo.

Malia os atrancos, puido adaptar un ordenador e tomaba apuntamentos co seu aparato de braille. Herdou da súa nai a forza das mulleres africanas e amarrouse á súa loita para que ela tivese unha vida mellor.

E conseguiuno, a súa primeira experiencia laboral foi en Lisboa cunha bolsa da Xunta. Gustaríalle traballar en algo relacionado cos dereitos humanos, pero agora, di, está preparando oposicións para o Estado. Á súa nai dedicoulle o relato "Mamá veu para quedarse", co que gañou un premio. O seu é todo un exemplo de superación.

Noticias web

07/04/2019