CRTVG

Buscar

Unha moza francesa morre electrocutada na bañeira ao caerlle o móbil dentro

Publicado o 14/02/2020 15:47

Calquera pode ver esta impactante noticia: unha moza de 15 anos morreu en Francia mentres estaba na bañeira.

Ocorreu en Marsella. Morreu porque o móbil lle acabou caendo á bañeira.

"O problema é cando o móbil está conectado á rede eléctrica, porque nos vén a electricidade a través do cargador", explican.

Pero hai a quen lle custa crer a noticia, hai quen a crería máis facilmente se se tratase dun secador que cae á auga.

Falamos dun caso que sorprende por ser moi, moi pouco habitual. Pero case todo o mundo oíu falar de móbiles que estouparon.

"Prendeu lume no colchón, por deixalo aí cargando".

Algo así lle ocorreu este outono a unha nena de 14 anos en Kazaxistán. Meteuse na cama co móbil; enchufouno, o que dá calor; escoitou música con el, o que dá máis calor; e quedou a durmir así, máis calor aínda. A batería estoupoulle por sobrequecemento.

"O risco de que estoupe unha batería é moi, moi pequeno. Hai que ter un pouco de coidado básico, non quecelas".

E non tapalas. Pero, sobre todo, sentido común. Por sorte, é moi raro morrer por un móbil.

Noticias web

14/02/2020