CRTVG

Buscar

Unha mostra analiza os factores da lonxevidade

Publicado o 18/02/2020 21:17

Xa antes de xubilarse como mestra despois de 35 anos de profesión, a Loli non lle chegaban as horas do día. Agora que vive a etapa máis feliz da súa vida, tampouco. A lonxevidade tamén se cultiva.

Que o aumento da esperanza de vida permita gozar de existencias plenas é o obxecto da exposición 'A vivir que son 100 anos'. A alimentación, o entorno, o exercicio físico, o adestramento mental e o estado emocional son os principais factores que se analizan.

A mostra pódese visitar no Café Moderno Afundación de Pontevedra ata o vindeiro 26 de marzo e conta cun programa de actividades paralelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020